ACTIVIDADES

NESTA PÁXINA DARÁSEVOS INFORMACIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES QUE REALICEMOS NO COLEXIO. TAMÉN PODEDES INFORMARVOS DE MÁIS ACTIVIDADES POR NIVEIS NOS BLOGS DOS PROFESORES.

miércoles, 6 de marzo de 2013

Proxecto ComBas - Galicia



PROXECTO ComBas - Galicia
Formación e asesoramento sobre a integración curricular das competencias básicas.
A consolidación das Competencias Básicas como elemento esencial do currículo.
 O Proxecto ComBas define un marco para que os centros escolares poidan crear as condicións máis favorables para a integración das competencias na vida real do centro e favorezan a ensinanza e aprendizaxe das mesmas.
A finalidade do proxecto é asegurar e mellorar a aprendizaxe das competencias, así como a súa avaliación, e recoñocemento, a través dun desenvolvemento do currículo e unha mellora da organización.
 A participación do noso Colexio neste proxecto permitiranos comprender e recoñecer na nosa práctica algunhas das condicións máis favorables para a aprendizaxe das competencias básicas, así como para a súa avaliación.
 Será este un proxecto no que seremos, xunto con outros centros, pioneiros en Galicia e polo que se sentarán as bases das programacións e desenvolvemento curricular que se aplicarán a partires do 2020 na Comunidade Autónoma.

O Proxecto supón unha reflexión sobre como ensinar para formar un alumnado competente, que sepa convivir, decidir, participar, xulgar, cooperar, coñecer, crear, comprender, resolver, facer, fundamentar, ser crítico, pensar...


No hay comentarios:

Publicar un comentario