ACTIVIDADES

NESTA PÁXINA DARÁSEVOS INFORMACIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES QUE REALICEMOS NO COLEXIO. TAMÉN PODEDES INFORMARVOS DE MÁIS ACTIVIDADES POR NIVEIS NOS BLOGS DOS PROFESORES.

sábado, 30 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

O pasado  mércores 13 de Novembro do 2013, celebramos o MAGOSTO no patio do colexio, participando  todo o alumnado.
Levamos  a  cabo as actividades propostas con anterioridade. 
Realizáronse xogos tradicionais por ciclos:
Educación  Infantil
Xogo das cadeiras.
Carreira de  sacos.
A  pita cega.
Carreira de castañas na culler.
Lobo feroz.
Educación  Primaria
Carreira con obstáculos de castañas e culler.
Lobo feroz.
Arrastra a botella.
Duelo de culleres.
A corda.
Carreira de sacos.
Educación Secundaria
O pano.
Empurra.
Carreira con obstáculos de castañas e culler.
Tira e afrouxa.
Rematados os xogos, E.I. e E.P. sentáronse arredor dos manteis de papel decorados por eles, coas súas cestiñas feitas  con  material de reciclaxe para poñer as castañas e recoller as cascas.Tamén pintamos as facianas cun tizón. O fin, todos xuntos  no centro do patio da escola, formando un círculo, cantamos a “Cantiga do magosto”.
  
As actividades desenvolvidas polo alumnado o longo da semana do magosto foron:
Educación Infantil
Fixeron un diadema de cartolina de cores cunha castaña no centro e nas cintas escribiron  MAGOSTO 2013 .
Traballamos unha adiviña.
Dramatizamos a “Cantiga do magosto”.
Educación Primaria
1º Ciclo (1º e 2º) e 3º E.P.
Murais  feitos con follas e froitos, representando distintos animais (ourizos, bufos, arañas,…)
4º E.P.
Bonecas  coa faciana feita de castañas e roupa de tea.
3º Ciclo (5º e 6º)
Mural  da  árbore dos poemas. As  súas follas eran poemas escritos polos/as alumnos/as.
Educación Secundaria
Realizáronse traballos de forma cooperativa (murais con diferentes temáticas).
1º ESO
Festas do outono.
2º ESO
Comparativa entre Halloveen e Samaín.
3º ESO
Receitas do outono (Halloveen e Samaín).
4º ESO
Árbore con follas e ourizos de castañas naturais.


A  COMISIÓN DO MAGOSTO  AGRADECE  A  COLABORACIÓN  DO  ALUMNADO (MONITORES  DOS  XOGOS), DO  CLAUSTRO  DE  PROFESORES, EQUIPO  DIRECTIVO  E  ADMINISTRATIVO DO  CENTRO.

¡¡¡SI DESEXADES VE-LAS FOTOS DO MAGOSTO IDE Á FOTOGALERÍA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario