PROXECTO ComBas - Galicia
Formación e asesoramento sobre a integración curricular das competencias básicas.
A consolidación das Competencias Básicas como elemento esencial do currículo.
O Proxecto ComBas define un marco para que os centros escolares poidan crear as condicións máis favorables para a integración das competencias na vida real do centro e favorezan a ensinanza e aprendizaxe das mesmas.
A finalidade do proxecto é asegurar e mellorar a aprendizaxe das competencias, así como a súa avaliación, e recoñocemento, a través dun desenvolvemento do currículo e unha mellora da organización.
A participación do noso Colexio neste proxecto permitiranos comprender e recoñecer na nosa práctica algunhas das condicións máis favorables para a aprendizaxe das competencias básicas, así como para a súa avaliación.
Será este un proxecto no que seremos, xunto con outros centros, pioneiros en Galicia e polo que se sentarán as bases das programacións e desenvolvemento curricular que se aplicarán a partires do 2020 na Comunidade Autónoma.
O Proxecto supón unha reflexión sobre como ensinar para formar un alumnado competente, que sepa convivir, decidir, participar, xulgar, cooperar, coñecer, crear, comprender, resolver, facer, fundamentar, ser crítico, pensar...